O IX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, a gran festa marítima de Galicia, vaise celebrar na nosa ría e terá na vila e no porto de Muros a súa sede principal.
Amais da honra que para Muros e toda a contorna significa acollermos esta novena edición dos Encontros, é sen dúbida tamén unha oportunidade para exhibirmos e poñer en valor os enormes recursos con que contamos.
Pero para acollermos os participantes e visitantes que entre o 9 e o 12 de xullo nos acompañarán, así como para que funcionen debidamente as moitas e diversas actividades do evento, é necesario botarmos unha man e facer gala da nosa hospitalidade e capacidade organizativa. Por este razón, desde a Comisión Organizadora pedímoslles a aqueles veciños e veciñas de Muros e comarca, que queiran e poidan, que se inscriban como voluntarios. Os voluntarios/as portarán unha camisola da organización e poderán comer na Carpa Mariñeira. |