IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
REUNIÓN DA COMISIÓN PRO-ENCONTRO
Enviado o 05/05/2009
Foto

Hai uns días celebrouse na Casa da Cultura de Muros unha nova reunión da Comisión pro IX Encontro á que asistiron os membros de dita comisión, a representante do Goberno municipal e a directiva da FGCMF (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial). Aínda que non se ultimou o programa de xeito pormenorizado, por mor da falta de confirmación do financiamento definitivo por parte dalgunha das administracións colaboradoras, avanzouse na concreción de cada unha das actividades: de navegación a vela e remo, mostras e exposicións, xornadas técnicas, obradoiros e espectáculos diversos: música, cine, teatro, literatura…

Tocante á loxística necesaria para poder acoller na dársena as máis de 150 embarcación tradicionais que se agardan,  decidiuse instalar nas proximidades do porto un campo de fondeo. Tripulantes, organizadores e outros participantes disporán no porto de Muros dunha carpa de 1.200 m. para a manutención, taberna mariñeira e lugar de reunións. Para o seu aloxamento terán á súa disposición o pavillón municipal. Na área do parque empresarial disporanse espazos para os carros das embarcacións e estacionamentos para participantes e visitantes, que disporán de buses para se achegar á vila e ao porto.

Bordeando a dársena intalaranse as carpas e haimas que darán cabida á diversas exposicións e obradoirosde oficios e labores tradicionais: redeiras, encascado, afumado de sardiña, secado de polbo, gastronómicos, de cestería, sancosmeiros, palilleiras, etc., así como un taller en vivo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. Outras mostras e obradoiros poderanse visitar en San Xosé, no Chalón e na Pista da Axesta; entre a praza do Cristo, a Pescadería Vella e a praza do Mercado ubicaranse uns obradoiros muradáns.

As Xornadas Técnicas, un congreso internacional sobre os ecomuseos (conxunción de patrimonio marítimo e natural) que estará homologado pola Consellería de Educación e a Universidade de Santiago e dirixido polo Museo do Mar de Galicia, celebraranse no auditorio da Casa da Cultura. Ás mesmas xa confirmaron asistencia representantes da Federación de Ecomuseos de Francia, do Museo Nacional de Cataluña, do Ecomuseu do Seixal de Portugal, así como outros representantes británicos e croatas; por parte galega, entre outros, participarán o Museo do Mar de Galicia, da Asociación de carpinteiros de ribeira e confrarías da bisbarra.

Grupos de música tradicional do concello e a charanga Os Tabernícolas amenizarán as rúas durante o evento e as catro xornadas se pecharán con concertos no Curro da Praza a cargo dos grupos mozos de música rock, das corais da bisbarra que interpretarán pezas mariñeiras tradicionais e importantes artistas e grupos de música tradicional galega: Susana Seivane, Trío Vaamonde, Treixadura ou Quempallou.

Completarán o amplo programa de actividades tres representacións de teatro de rúa, un ciclo de cine galego (A mariñeira, De profundis, Crebinski, Lister), un espectáculo musical e literario con Eva Veiga e o trío Ouriol sobre os poemas de De catro a catro, e a colaboración entre doce escritores e doce artistas plásticos na elaboración de Mensaxes ao Mar que logo se botarán á deriva.

Na reunión do próximo sábado día 9 de maio pecharase definitivamente o programa destas e outras actividades. Asemade, ao longo dos próximos días terán lugar reunións con asociacións e entidades da bisbarra para que colaboren e disfruten da gran festa mariñeira de Galicia, así como unha campaña para recadar voluntarios que colaboren no desenvolvemento das distintas actividades. 

Atras
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 
Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).