IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
PRESENTACIÓN DE IX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS NO SALÓN NÁUTICO DE BARCELONA
Enviado o 20/11/2008
Foto

O Pasado fin de semana tivo lugar en Barcelona un acto de presentación, dentro das actividades do Salón Náutico, do IX Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia a desenvolver en Muros o vindeiro mes de xullo.

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), desprazouse a Barcelona para participar no Salón Náutico que alí se desenvolveu dende o día 8 ó 16 de novembro. A súa participación desenvolveuse dentro do “Espai Tradicional” e estivo acompañada por representantes de Cataluña, Andalucía, Levante, Illes Balears e tamén da Federación Francesa pola Cultura Marítima do Mediterráneo. Esta cita é case de obrigada asistencia, pola súa repercusión tanto estatal como internacional, que ven a supoñer, o estar presentes os diferentes colectivos implicados e compartir experiencias e actuacións de cara a configurar un marco favorable para a defensa do patrimonio marítimo e fluvial.

O stand que presentou a FGCMF dispoñía da exposición “Embarcacións Tradicionais de Galicia”, de abundante información sobre Muros e a súa comarca e sobre a Carpintería de Ribeira de Galicia. Apoiando a mostra expositiva a vela despregada nunha dorna, desprazada a tal efecto, servía como referencia da presenza galega.

O longo deses días participouse en diversos foros dentro do ameto da Cultura Marítima e Fluvial e o sábado foi o día reservado para a presentación do IX Encontro. A tal efecto, estiveron presentes o presidente da Comisión Organizadora de Muros, Manuel G. Sendón e o Presidente da FGCMF. Fernando Piñeiro, pola FGCMF. Fíxose un repaso polo que supón o Encontro, non solo para Galicia senón no ameto de toda a Península Ibérica, recordando obxectivos, pasados, presentes e futuros e convidado aos presentes a participar e acompañar a Galicia nesta gran cita. Por outra banda, Manuel G. Sendón afondou nas características do Encontro, baseado principalmente na achega da vila de Muros, tanto no paisaxístico, no humano como no patrimonial e aventurando unha magnifica estancia na nosa terra a todos aqueles que se acheguen a disfrutar do evento.

A resposta considerouse moi positiva a vista do interese amosado polos presentes e a posibilidade de promoción por todas estas comunidades autónomas.

- Comisión Pro-IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Muros 2009.
- FGCMF.

Atras
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 
Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).