PRESENTACIÓN
O obxectivo principal dos museos é a conservación, restauración, investigación e exhibición ordenada das súas coleccións, composta por bens mobles de interese patrimonial. Sendo importante o traballo dos museos, ás veces o patrimonio intanxíbel asociado ás pezas, vinculado tanto ao saber facer da comunidade que as fixo como á función que desenvolvían, se perde ou, simplemente, está descontextualizado. Poden, en determinadas rexións, que aínda conservaban inmobles e mobles doutrora e cun medio natural apenas alterado, se levaron a cabo actuacións integrais de salvagarda, mesmo recuperando a funcionalidade dos edificios e maquinarias, rescatando, en definitiva, oficios desaparecidos ou a piques de desaparecer e, sobre todo, cunha implicación do tecido social importante. Son os chamados ecomuseos, que vinculan o territorio, a memoria colectiva, a poboación e o patrimonio asociado. En 1973 Georges-Henri Rivière, introduciu o termo ecomuseo para definir un instrumento, un espello, unha expresión do home e a natureza, unha expresión do tempo, unha escola dos itinerarios e dos camiños, onde os espazos de testemuña son conservados e xestionados, estreita colaboración ca comunidade, para amosar á propia comunidade e aos visitantes como o binomio home-natureza resolvía noutrora as súas necesidades e fornecía, asemade, un desenvolvemento sostido da poboación.
Ao abeiro do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais propoñemos unhas xornadas que permitan coñecer experiencias e alcance destas iniciativas integradoras.
DESENVOLVEMENTO E AREAS TEMÁTICAS
As xornadas desenvolveranse dentro da programación do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Muros do 8 ao 12 de xullo de 2009. As conferencias terán como eixo principal as seguintes temáticas:
Ecomuseos e desenvolvemento sostible. Experiencias e bases teóricas.
Proxectos de dinamización e posta en valor de elementos culturais marítimos.
As sesión terán lugar na Casa da Cultura de Muros, habendo sistema de tradución ao galego, inglés e francés.
PREINSCRICIÓN
Inscrición gratuíta. As persoas interesadas en participar deberán enviar o boletín de inscrición ao Museo do Mar de Galicia mediante correo electrónico (mdom@museodomar.com), teléfono 986247748 ou correo postal ao enderezo Museo do Mar de Galicia, Avenida Atlántica 160, 36208 Vigo.
Ver programa
|