IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo

Os Encontros de Embarcacións Tradicionais inícianse en Muros cunhas xornadas gastronómicas

Enviado o 19/06/2009

A novena edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará na vila de Muros entre os días 9 e 12 de xullo, iniciou xa a súa andaina. Para o sábado fixouse a presentación do programa de actos a desenvolver e onte comezaron unhas xornadas formativas para hostaleiros, promovidas pola comisión encargada de organizar o acontecemento.

Os promotores do encontro decidiron que a oferta gastronómica para os visitantes correse a cargo de de os propios hostaleiros do municipio muradán. Por este motivo, encargouse á empresa Adapta Consultores que impartise un curso co fin de facilitar aos xerentes dos locais de hostalería coñecementos e habilidades para optimizar o emprego culinario dos produtos mariñeiros.

Así, unha vintena de profesionais de Muros acoden, durante as tardes desta semana, a unhas xornadas gastronómicas, que se desenvolven no cámping A Vouga. Neste curso impártense nocións sobre o emprego de novas técnicas de preparación e presentación de receitas de tapas e menús, que teñen como ingredientes principais algunha das variedades dos produtos marítimos.

Técnicas

á vez, preséntanse técnicas de comunicación e comercialización co fin de ofrecer un servizo de calidade nun ambiente confortable. Ao mesmo tempo, perséguese a posta en valor dos menús a ofertar a veciños e visitantes.

Para iso, preténdese conseguir unha ambientación adecuada dos establecementos, deseñar menús de degustación e outras opcións que favorezan unha acollida e estancia favorable aos comensais. Os encontros servirán tamén de promoción da localidade muradá entre os asistentes.

 

Atras
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 

 

Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).