IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
Muros xuntou a máis de tres mil amantes da cultura mariñeira
Enviado o 13/07/2009. La voz de Galicia. J.M. Sande
Susana Seivane conquistou a un abarrotado Curro da Praza e fixo grande ao grupo local Ximiela

La voz de Galicia .- O Encontro de Embarcacións Tradicionais, clausurado onte en Muros, marcará un antes e un despois deste tipo de acontecementos, que naceron para recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira galega. Así o aseverou onte Víctor Fernández, presidente do comité organizador e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Falando de cifras, ao peche desta edición, a organización falaba de que por Muros pasaron estes días polo menos tres mil amantes do mundo do mar. Non en van, aínda que os navegantes inscritos foron 693, todos eles acudiron con familiares e amigos. Igualmente, a esa cantidade habería que sumarlle o numeroso respetable que recalou estes días na vila.

En total, nesta edición do encontro participaron 129 navíos procedentes de varios puntos de España e de outros outros países da Unión Europea. Co gallo da súa visita, foron tantas as persoas que pasaron por Muros que se pode afirmar que a poboación da vila viuse, cando menos, duplicada. Ademais, cómpre destacar que a cantidade de actividades levadas a cabo fixeron que turistas e veciños do pobo intercambiasen experiencias.

Deste xeito, o dirixente da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial, Víctor Fernández, dixo que «a convivencia xurdida entre os tripulantes, e tamén entre os navegantes e os veciños de Muros foi plena». E engadiu: «Tamén levo un grato recordo do acontecido coa construción da buceta polo pobo de Abelleira, amosando ao mundo que cando un colectivo veciñal se propón unha iniciativa conxunta o éxito está asegurado». Víctor Fernández rematou dicindo: «Aínda non temos decidida a sede do décimo Encontro de Embarcacións Tradicionais, e quizais debamos facelos cada tres anos. O que si aprendemos en Muros é que a federación debe programar os encontros e logo dar protagonismo aos pobos onde se celebren».

Colaboración

Pola súa banda, o responsable local da organización, Manolo Sendón, sinalou: «Non teño a certeza completa do que aquí pasou nestes días, pois nunca nos viramos en tamaña aventura. Todos me felicitan, e iso deberase a que fomos capaces de responder con eficacia ao que se nos encomendou. Teño que agradecer a cantos colaboraron con Mar de Muros na realización do encontro».

Desafortunadamente, o persistente orballo restou onte vistosidade á clausura do evento e acelerou a marcha dos barcos.

 

Atras
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 

 

Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).