IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
A botadura ao mar dunha buceta e un espectáculo poético foron as actividades do 4 de xullo.
Enviado o 05/07/2009. La voz de Galicia

No programa de actos previstos para hoxe, dentro do noveno Encontro de Embarcacións Tradicionais destaca o espectáculo poético musical De catro a catro , que terá lugar no porto carnotán de Portocubelo, xa que na organización e outorgamento da sede deste acontecemento participan as vilas de Muros e de Lira, a través das asociacións Muros Mira ao Mar e Canle, respectivamente. As actividades previstas para hoxe no porto de Carnota principiarán ás doce do medio día.

Tamén para hoxe está programada a festa da botadura, na localidade muradán de Abelleira. Neste caso, a asociación de veciños A Ostreira encargou a construción dunha buceta para participar no encontro de barcos tradicionais, e hoxe farase a botadura da mesma ao mar, no medio dun amplo programa de actos festivos.

Así, comezará a xornada co traslado do bote dende o taller onde se construíu, en Bornalle, ata o peirao de Sorribos. Máis tarde inauguraranse varias exposicións da asociación veciñal, na sede social da parroquia, para proseguir con un xantar popular, e ao remate do mesmo farase a botadura.

Tamén a partires de hoxe se espera a chegada a Muros das preto de 150 embarcacións que teñen confirmada a súa participación no encontro. A chegada dos barcos será escalonada, algúns accederán á vila muradán por mar e outros farano por estrada en plataformas adaptadas, coa pretensión de que todas elas estean acoradas ao peirao o día 9, xornada na que dará comezo do encontro.

La voz de Galicia.

Blog dos Mareáns de Abelleira.

La voz de Galicia (5.7.09)

El correo Gallego

Atras
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 

 

Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).