As dornas de Riveira, no verán, aproveitaban os ventos dominantes do nordés e noroeste para ir pescar a Monte Louro ou Fisterra. Este sábado, 4 de xullo, varias dornas de Riveira volverán sair da ría cara Monte Louro e logo a Muros. A saida está prevista para a mañanciña, sobre as 07:00h, de forma que as 11:00h estén fora da ría. Posiblemente atoparanse cos barcos de Bouzas, outros do sur e a Rabandeira de Vilanova que tamén teñen previsto subir a Muros o mesmo sábado 4. No blog de Lajareu podedes ler un magnífico post sobre unha fermosa iniciativa, recuperar a Ruta das Dornas de Riveira. Así que xa o sabedes, sábado á mañanciña, co nordestiño do lusco, saimos de Riveira, para estar fora da Ria antes das once. Así, ainda que caia o vento, na costa sempre queda algo para chegar á punta de Corrubedo, e logo co Noroeste PROA A MUROS. As velas das dornas de Riveira vólvense a recortar no perfil mítico do Monte Louro... Noticia na Voz de Galicia do 4 de xullo |