IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
OS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, a actividade máis senlleira organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e da que xa se levan celebrado oito edicións, constitúen a gran festa marítima de Galicia. Cada dous anos reúnense nunha vila mariñeira galega embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas de toda Galicia e doutros portos peninsulares e europeos para celebraren unha gran xuntanza festiva, de exhibición e reivindicación do patrimonio marítimo. As actividades de lecer acompáñanse dunhas xornadas técnicas sobre distintas facetas e posibilidades do patrimonio, así como obradoiros, exposicións, etc.

Muros, 2009 do 9 ó 12 de xullo
MUROS será a sede do IX Encontro. Situada estratexicamente nas Rías Baixas e preto da Costa da Morte, na ría de Muros e Noia, esta vila mariñeira de orixe medieval, actualmente en proceso de rehabilitación dos seus edificios e espazos públicos, conserva toda a fasquía tradicional e está declarada conxunto histórico. Este carácter singular que a fai única en toda a beiramar galega, xunto coa inmensa riqueza patrimonial e paisaxística do seu contorno, convértena nun escenario privilexiado para a celebración da gran festa marítima de Galicia.
   
cartel 2009
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 

 

Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).