| O encontro de embarcacións de Muros reunirá a máis de cen naves. J. M. Sande · 10/6/2009 | | Enviado o 10/06/2009 |  | Terá lugar entre os días 9 e 13 de xullo e contará cun intenso programa de actividade. A novena edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar no porto de Muros do 9 ao 13 de xullo concentrará no municipio a un total de 150 barcos, segundo aseguraron membros da organización na presentación do acto, que tivo lugar onte no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e á que acudiu o alcalde muradán, Domingos Dosil. | |  | | | | Carta de invitación formal para IX Encontro. | | Enviado o 01/06/2009 |  | Esta é a carta de invitación formal que lle foi enviada a todos os colectivos, persoas e institucións interesadas no mundo da cultura marítima. Este convite faise tamén extensivo a calquera persoa interesada por achegarse a este mundo e compartir connosco o IX Encontro. | |  | | | | Regreso ao pasado mariñeiro. La Voz de Galicia. J. M. Sande 7/5/2009 | | Enviado o 07/05/2009 |  | Muros dará cabida en xullo a un encontro no que participarán 150 embarcacións tradicionais. Máis de 150 barcos antigos daranse cita na vila de Muros entre os días 9 e 12 do vindeiro mes de xullo, para participar no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. O presidente da comisión organizadora desta actividade, Manuel García Sendón, xunto co resto de membros do grupo creado ao efecto, están a concretar o extenso programa de actividades que se desenvolverán na localidade coincidindo coa presenza da máis ampla representación de navíos que se ten visto ata o de agora na zona. | |  | | | | REUNIÓN DA COMISIÓN PRO-ENCONTRO | | Enviado o 05/05/2009 |  | Hai uns días celebrouse na Casa da Cultura de Muros unha nova reunión da Comisión pro IX Encontro á que asistiron os membros de dita comisión, a representante do Goberno municipal e a directiva da FGCMF (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial). Aínda que non se ultimou o programa de xeito pormenorizado, por mor da falta de confirmación do financiamento definitivo por parte dalgunha das administracións colaboradoras, avanzouse na concreción de cada unha das actividades: de navegación a vela e remo, mostras e exposicións, xornadas técnicas, obradoiros e espectáculos diversos: música, cine, teatro, literatura… | |  | | | | OS ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS | | Enviado o 13/04/2009 |  | A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), convoca cada dous anos dende o ano 1993, a celebración dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre as súas asociacións. A este evento están convidados tódalas asociacións pertencentes á FGCMF e entidades afíns, tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Levante ou Illas Baleares, así como particulares e institucións de interese cultural e patrimonial. O Encontro consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego........ | |  | | | | IX Encontro de Embarcacións Tradicionais, entrevista a Manuel G. Sendón | | Enviado o 14/01/2009 |  | A entrevista está feita por un grupo de blogueiros, e está tirada do blog Singradura da Relinga. Agradecemos a todas as persoas participantes na entrevista o seu interese no Encontro e que permitan a difusión aquí deste interesante documento. Elección da Candidatura Singradura da Relinga: O dinamismo da Cultura Marítima organizada manifestouse neste encontro con dúas candidaturas optando á sede do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais, que foron Vilagarcía e Muros. A labor de conformación dunha candidatura para un evento da importancia e dimensión da que posiblemente é a principal cita da cultura marítima.... | |  | | | | Presentación de IX Encontro de Embarcacións Tradicionais no Salón Náutico de Barcelona | | Enviado o 20/11/2008 |  | O Pasado fin de semana tivo lugar en Barcelona un acto de presentación, dentro das actividades do Salón Náutico, do IX Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia a desenvolver en Muros o vindeiro mes de xullo. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), desprazouse a Barcelona para participar no Salón Náutico que alí se desenvolveu dende o día 8 ó 16 de novembro. A súa participación desenvolveuse dentro do “Espai Tradicional” e estivo acompañada por representantes de Cataluña, Andalucía, Levante, Illes Balears e tamén da Federación Francesa pola Cultura Marítima do Mediterráneo. Esta cita é case de ........ | |  | | | | Muros, sede do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia | | Enviado o 14/10/2008 |  | A Federación Galega pola Cultura Maritima e Fluvial (FGCMF) en asemblea celebrada o 11 de outubro en Cambados, deu a coñecer a sede do que será o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Competían dúas candidaturas, as dúas cunha excelente oferta organizativa e de contido: a que presentaban as asociacións Mar de Muros e Canle de Lira, co respaldo de Esteirana e Mar de Noia (asociación vencelladas a FGCMF) e onde se propoñia Muros como lugar de celebración; e a presentada......... | |  | | | | 1 - 2 | | |