IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros do 9 ao 12 de xullo
A arma secreta de Muros
Enviado o 17/07/2009. http://www.culturamaritima.org/

Falando coa xente que acudíu a Muros, e fora dos pequenos detalles que sempre suceden, en xeral todos están de acordo en que foi un completo éxito. O tempo acompañou, o sitio é inigualable, a comida boa e había moitos barcos.

Pero todos cos que falamos din o mesmo, a xente de Muros, de Lira, de Esteiro, de Abelleira e da contorna, foron realmente moi acolledores. Non só non houbo ningún incidente reseñable, cousa normal cando se xunta tanta xente, senón que a amabilidade, a capacidade de facer que non te sintas de fora, foi algo fora do normal.

Ampliar a nova
 
Muros xuntou a máis de tres mil amantes da cultura mariñeira
Enviado o 13/07/2009. La voz de Galicia. J.M. Sande

O Encontro de Embarcacións Tradicionais, clausurado onte en Muros, marcará un antes e un despois deste tipo de acontecementos, que naceron para recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira galega. Así o aseverou onte Víctor Fernández, presidente do comité organizador e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Falando de cifras, ao peche desta edición, a organización falaba de que por Muros pasaron estes días polo menos tres mil amantes do mundo do mar. Non en van, aínda que os navegantes inscritos foron 693, todos eles acudiron con familiares e amigos. Igualmente, a esa cantidade habería que sumarlle o numeroso respetable que recalou estes días na vila.

Ampliar a nova
 
Reportaxes da crtvg sobre o IX Encontro
Enviado o 13/07/2009.

Telexornal Serán (12.7.09) - Con mensaxes ó mar rematou en Muros o encontro dos barcos tradicionais

Telexornal Serán (11.7.09) - Muros acolle o IX Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia.

A revista (11.7.09) - 150 embarcacións tradicionais reúnense en Muros.

Telexornal (9.7.09) -Unhas 150 embarcacións navegarán esta fin de semana en augas de Muros.

A revista (9.7.09) Encontro de embarcacións tradicionais en Muros (Entrevista a Sendón).

A revista (9.7.09) Encontro de embarcacións tradicionais en Muros (As Rosalias).

Ampliar a nova
 
Muros apadriña un proxecto que permitirá recuperar barcos antigos
Enviado o 12/07/2009. La voz de Galicia. J.M. Sande

Os donos de barcos antigos terán a posibilidade de reformar aquelas naves que se atopen deterioradas ou en mal estado. O presidente da Deputación provincial, Salvador Fernández Moreda, presentou onte en Muros o proxecto de recuperación de embarcacións tradicionais, denominado Dorna. Nesta iniciativa participan diversos colectivos de Portugal, Francia, Reino Unido e España, e conta cun presuposto de preto de dous millóns de euros.

Ampliar a nova
 
Os veciños de Muros participan de forma activa no encontro de barcos tradicionais
Enviado o 11/07/2009. La voz de Galicia. J.M. Sande

O pobo de Muros fixo seu o encontro de barcos tradicionais e está a participar en cantas actividades se propoñen dende a organización. Tamén os propios veciños engalanan rúas, prazas e mesmo balconadas e fachadas das casas con motivos mariñeiros, todo o cal contribúe a engrandecer a celebración deste ano.

Ampliar a nova
 
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, deu a benvida ás 150 naves que asisten ao encontro
Enviado o 10/07/2009. La voz de Galicia

O peirao de Muros ofrecía onte unha imaxe atípica e histórica, a que viña marcada pola presenza das 150 embarcacións tradicionais que participan no encontro organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. De dar a benvida oficial ás naves encargouse, onte pola tarde, a conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo,

A dirixente da Xunta lembrou que o mar é unha das maiores riquezas coas que conta este país, e por iso a importancia de preservar os elementos patrimoniais ligados ao medio, a súa cultura e tradicións e buscar a mellor forma de explotar racionalmente os recursos que del se obteñen.

Ampliar a nova
 
Muros réndese ante o poderío da cultura mariñeira
Enviado o 09/07/2009. La voz de Galicia - Telexornal Mediodía

A vila de Muros converterase desde hoxe e ata o domingo nun fervedoiro, no que a cultura mariñeira será a encargada de caldear o ambiente. Está previsto que uns 150 navíos se e 700 tripulantes déanse cita na novena edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha reunión que se celebrará no marco dun variado programa de actividades que inclúe desde xornadas técnicas ata talleres, representacións teatrais e concertos.

Ampliar a nova
 
O futuro dos ecomuseos a debate en Muros
Enviado o 08/07/2009

O director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, xunto ao presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial -FGCMF-, Víctor Fernández, e ao o presidente do Comité Organizador do Encontro, Manuel Sendón, inaugurará mañá, xoves 9 de xullo, ás 9.30h. na Casa da Cultura de Muros, as Xornadas Técnicas que se enmarcan no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Ampliar a nova
 
Cambio nos concertos do vindeiro xoves 9 de xullo, dentro do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais
Enviado o 07/07/2009

Finalmente o grupo de Muros, Trapos Sucios, non actuará o vindeiro xoves 9 de xullo debido a problemas de saúde dun dos seus compoñentes. O grupo que sustituirá a Trapos Sucios, será Chotokoeu, consolidado grupo na procura dunha fusión festiva.

Podes ver a programación dos concertos aqui.

Ampliar a nova
 
Chegaron os primeiros barcos a Muros (sábado 4 e domingo 5 de xullo).
Enviado o 05/07/2009.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Ampliar a nova
 
A botadura ao mar dunha buceta e un espectáculo poético foron as actividades do 4 de xullo.
Enviado o 05/07/2009. La voz de Galicia

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

No programa de actos previstos para hoxe, dentro do noveno Encontro de Embarcacións Tradicionais destaca o espectáculo poético musical De catro a catro , que terá lugar no porto carnotán de Portocubelo.

Tamén para hoxe está programada a festa da botadura, na localidade muradán de Abelleira. Neste caso, a asociación de veciños A Ostreira encargou a construción dunha buceta para participar no encontro de barcos tradicionais, e hoxe farase a botadura da mesma ao mar, no medio dun amplo programa de actos festivos.

Ampliar a nova
 
Inauguración das exposicións pola Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Enviado o 03/07/2009

O Venres, día 3 de xullo ás 19:30 a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, inaugura as exposicións:

- Patrimonio Marítimo de Muros e Carnota, situada na capela de San Xosé.

- Illa de Ons, unha cultura, unha identidade, situada na sala de exposicións de San Xosé.

Ampliar a nova
 
LISTAXE PROVISIONAL DE EMBARCACIÓNS INSCRITAS NO IX ENCONTRO ACTUALIZADO A 1.07.09.
Enviado o 02/06/2009

LISTAXE PROVISIONAL DE EMBARCACIÓNS INSCRITAS NO IX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS ‐ MUROS 2009.

Lembrámosvos que se pode facer a inscrición a través do formulario eléctrónico. O prazo está aberto ata o día 30 de xuño, pero recomendamos facer a inscrición o antes posible para facilitar o traballo da organización.

Ampliar a nova
 
Este sábado as dornas de Riveira navegarán cara Muros
Enviado o 01/07/2009

Este sábado, 4 de xullo, varias dornas de Riveira volverán sair da ría cara Monte Louro e logo a Muros. A saida está prevista para a mañanciña, sobre as 07:00h, de forma que as 11:00h estén fora da ría.

Posiblemente atoparanse cos barcos de Bouzas, outros do sur e a Rabandeira de Vilanova que tamén teñen previsto subir a Muros o mesmo sábado 4.

No blog de Lajareu podedes ler un magnífico post sobre unha fermosa iniciativa, recuperar a Ruta das Dornas de Riveira.

Ampliar a nova
 
PROGRAMA DEFINITIVO DO IX ENCONTRO
Enviado o 21/06/2009
Ampliar a nova
 
Encontro Blogueiro Aberto de Cultura Marítima e Fluvial
Enviado o 21/06/2009

Como xa se fixera en Ferrol no 2007, vaise convocar unha actividade no IX Encontro para reunir á xente que mantén algún tipo de sitio en Internet relacionado coa cultura marítima e fluvial.

Estades todos convidados a participar, sen distinción de pais ou lingua.

Queremos recalcar que non está restrinxido ás persoas que manteñen un blog, senón que se pretende que calquera, sexa cal sexa a forma da súa presenza na Rede, poida participar.

Ampliar a nova
 
Xornadas Técnicas: Ecomuseos e a posta en valor do patrimonio cultural marítimo
Enviado o 20/06/2009

As xornadas desenvolveranse dentro da programación do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Muros do 8 ao 12 de xullo de 2009. As conferencias terán como eixo principal as seguintes temáticas:

Ecomuseos e desenvolvemento sostible. Experiencias e bases teóricas.

Proxectos de dinamización e posta en valor de elementos culturais marítimos.

Ampliar a nova
 
Os Encontros de Embarcacións Tradicionais inícianse en Muros cunhas xornadas gastronómicas. José M. Sande
Enviado o 19/06/2009

A novena edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará na vila de Muros entre os días 9 e 12 de xullo, iniciou xa a súa andaina. Para o sábado fixouse a presentación do programa de actos a desenvolver e onte comezaron unhas xornadas formativas para hostaleiros, promovidas pola comisión encargada de organizar o acontecemento.

Os promotores do encontro decidiron que a oferta gastronómica para os visitantes correse a cargo de de os propios hostaleiros do municipio muradán. 

Ampliar a nova
 
Algúns dos barcos inscritos no IX Encontro
Enviado o 16/06/2009
Ver Carta

A goleta Evangelina, construida en 1912, está inscrita para participar no IX Encontro.

Vieta volverá a ter a súa configuración orixinal, coa que naceu en 1916. Este barco está inscrito no IX Encontro.

Ampliar a nova
 
Presentación oficial do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros 2009.
Enviado o 10/06/2009
Ver Carta

Onte, 9 de xuño, tivo lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do IX Encontro.

Participaron nela Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, Domingos Dosil, Alcalde de Muros, Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación da Coruña, Nava Castro, Directora Xeral de Comercio, Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, Manuel Garcia Sendón, presidente do Comite organizador, e Victor Fernández, presidente da FGCMF.

Ampliar a nova
 
1 - 2
Web en castellano
CRONICAS-IX ENCONTRO
- A.C.D. DORNA
- Bou de Vara
- Una mirada a la Ría de Vigo
- Singradura da Relinga
- Homes de pedra en barcos de pau
- Nautiblog
Descargar memoria do IX Encontro
  Descarga Hemeroteca .ZIP
Inscrición no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
  Ver programa
  Ver programa
Ver programa
ORGANIZACIÓN
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
Ir a páxina
 
 

 

Mar de Muros - Curro da praza, 2. - 15250. Muros (A Coruña).